lunes, 23 de marzo de 2020

Martes 24 marzo, 5º e 6º curso

SEGUNDA SESIÓN DE TRABALLO

En primeiro lugar, agradecervos o bo traballo que estades a realizar na casa e animarvos a seguir entrando no blog e repasar cos nosos xogos e exercicios. Atrévete a deixar algún comentario!

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.


1. PROXECTO RESISTIREI


  • Gravo un video cantando a versión karaoke de "Resistirei". 
  • Primeiro vexo todos os videos explicativos. 
  • Despois aprendo a letra e practico. 
  • Finalmente, preparo algo orixinal e gravo.

  • Anima a que participe a túa familia. Os mestres e as mestras tamén participaremos. 

    VERSIÓN KARAOKE

    EXEMPLO DE VIDEO

    ESCOITO E PRACTICO

    LETRA

    2. REPASO FIGURAS MUSICAIS

    •  Nestas fichas repasaremos as negras, corcheas, blancas e redondas.

    3. XOGOS RÍTMICOS:

    •  Preme nos seguintes enlaces e realiza os xogos.

    5. FRAUTA:

    •  Continúa ensaiando as cancións da sesión anterior. Si xa che salen, manda video! Proximamente novas pezas!
    • Na columna da dereita tes bailes para que te movas un pouco e contos musicais  aos que podes acceder en calquera momento. Tamén deixarei aí algún dos videos que me vades mandando. 

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario