jueves, 7 de mayo de 2020

Venres 8 de maio: O MAIO!!

Ola a todos e todas!

  Xa está aquí o mes de maio!! 

Dende as especialidades de Arts, Educación Física e Música propoñémosvos esta semana unhas actividades comúns para celebrar esta festa tradicional galega, que é sen dúbida a festa grande do noso cole.

 

1. MIRA ESTE VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A FESTA DOS MAIOS:


2. ESCOITA E PRACTICA A CANCIÓN DO MAIO

3. "O GARUTIÑO"  

Esta é unha actividade común para as materias de Música e Educación Física.
PREME NO ENLACE E ATOPARÁS TODA A INFORMACIÓN:

 
Como xa viches, trátase dun xogo no que cando sona a música hai que bailar e cando para, tes que quedar como unha estatua (na posición que indica cada un dos RETOS).


PARA A PARTE BAILADA...QUE PODES FACER??
Aquí che deixo algunhas propostas para bailar :
  • Dar 4 pasos para adiante e 4 para atrás dando palmas, así sucesivamente. 
  • Facer unha roda coa familia e xirar cara un lado e cara outro. 
  • Moverse pola habitación camiñando ao ritmo da música, podes buscar obxectos da túa casa que fagan sons e acompañar o ritmo.
  •  Combinar calquera destas opcións con outras que a ti se che ocorran.
DESPOIS DE PRACTICAR, PON O VÍDEO COA MÚSICA E GRÁVATE!!