domingo, 15 de marzo de 2020

Martes 17 marzo: 1º e 2º curso

OLA A TODAS E TODOS!!

Benvidas e benvidos ao noso blog!!
Nestes días iremos subindo algunhas actividades de repaso e xogos musicais.
Atoparás audicións e contos musicais (nas lapelas da dereita).
Se isto se che queda curto, podes ir ás entradas doutros cursos e realizar as actividades que che gusten.
Despois de realizar as actividades podes deixar un COMENTARIO,
COMEZAMOS!!



1. REPASAMOS AS NOTAS SOL, LA E MI.

  •  Imprimo ou copio as notas nun papel e coloreo o MI de verde, o SOL de vermello e o LA de amarelo. 



2. CLAVE DE SOL:
  • Repasa con cores as claves de sol. Acórdate de comezar na segunda liña. 

3. XOGO MUSICAL:

  • Escoito o son da escala musical, pasando o rato por enriba das notas. Clica no enlace:

4. ESCOITO, CANTO E BAILO:

  • Escoita e canta a canción da Banda Pica Pica, de Bravas. Podes inventar un baile!!

5. RELAXACIÓN:

  • Déitome no chan boca arriba, pernas estiradas e mans encima da barriga. Escoito a música e déixome guiar. Preme no enlace: