martes, 14 de abril de 2020

Martes 14 de abril: 1º e 2º curso

CUARTA SESIÓN DE TRABALLO


Xa estamos de volta. 
Despois destas vacacións tan raras, volvemos á aula de música con novas activdades!

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 
Non pasa nada se non dá tempo a facer todo.
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.

1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.


2. TAREFAS ESCRITAS:

Estas son as tarefas escritas da semana. Vades precisar os videos explicativos que aparecen máis abaixo para realizalas.

3. OS INSTRUMENTOS MUSICAIS:

Hai 3 grandes familias de instrumentos. Ve os vídeos e recoñece algúns instrumentos. OLLO! non están todos.
CORDA


VENTO

 
PERCUSIÓN
 

4. O JAZZ:

O jazz é un estilo musical que naceu en Estados Unidos e que mestura a música que se facía alí coa música africana dos homes e mulleres negras.
Imos ver un cachiño da película "Los Aristogatos" onde aparece unha canción deste estilo que xa vimos na clase, o "Gato Jazz".



Hai moitos fragmentos de películas nas que sona música jazz.
Déixoche aquí algúns exemplos:
 








5. XOGOS AUDITIVOS:

ESCOITO 1

ADIVIÑO OS INSTRUMENTOS QUE SONAN

6. NINA SIMONE E LOUIS ARMSTRONG, DÚAS ESTRELAS DO JAZZ:

Nina Simone "Ain't got no. I got life" e "Feeling good".
Escoito as cancións de Nina Simone e Louis Armstrong, escollo unha e fago un debuxo sobre o que me fai sentir. 


Louis Armstrong "what a wonderful world"