lunes, 30 de marzo de 2020

Martes 31 de marzo: 1º e 2º curso

TERCEIRA SESIÓN DE TRABALLO

Xa estamos de volta. 
Dende a materia de música, agradecervos o fantástico traballo que estades realizando!!
Anímovos a seguir entrando no blog e seguir participando nos xogos, videos, proxectos e actividades que vos ofrecemos.

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 
Non pasa nada se non dá tempo a facer todo.
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.

1. CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.



2. APRENDO PUNTOS DA MUIÑEIRA:
Perdoade estes vídeos de andar pola casa, a calidade e as pintas. Espero que poidades practicar un pouquiño deste baile.

1. Practico os puntos
 
2. Bailo a muiñeira
 
3. Música para ensaiar

3. AUDICIÓN E XOGO RÍTMICO:

Aquí deixo un video realizando un cachiño de cada exercicio por si tedes dúbidas de como facelos. 

 

 XOGOS


Escoita a Marcha Turca de Mozart, cando sexa o momento dá unha palmada na negra. 

Nestes xogos, di "ta" nas negras e "titi" nas corcheas. No silencio de negra, terás que estar en silencio.

  4. O SILENCIO DE NEGRA:

No video seguinte poderás ver como é o silencio de negra. 
Ademáis deste silencio, aparecen tamén o de blanca e redonda que aínda non coñecemos, pero non te preocupes, céntrate só na negra e o seu silencio. 

 

Nas fichas que aparecen a continuación repasaremos tamén este concepto. 

5. WOLFGANG AMADEUS MOZART:

Nestes vídeos afondaremos un pouco máis na vida de Mozart.

 

 

6. VIDA DE MARIA ANNA MOZART:


No hay comentarios:

Publicar un comentario