lunes, 23 de marzo de 2020

Martes 24 de marzo: 3º e 4º curso

SEGUNDA SESIÓN DE TRABALLO

En primeiro lugar, agradecervos o bo traballo que estades a realizar na casa e animarvos a seguir entrando no blog e repasar cos nosos xogos e exercicios. Atrévete a deixar algún comentario!

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.


1. CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.

  •  Aínda que fago correccións individualizadas dos traballos que me van chegando, déixovos aquí a solución dos exercicios da sesión anterior.
2. PROXECTO RESISTIREI





  • Gravo un video cantando a versión karaoke de "Resistirei". 
  • Primeiro vexo todos os videos explicativos. 
  • Despois aprendo a letra e practico. 
  • Finalmente, preparo algo orixinal e gravo.

  • Anima a que participe a túa familia. Os mestres e as mestras tamén participaremos. 

    VERSIÓN KARAOKE

    EXEMPLO DE VIDEO

    ESCOITO E PRACTICO

    LETRA

    3. REPASO FIGURAS MUSICAIS

    •  Nestas fichas repasaremos as negras, corcheas, blancas e redondas.
    Para realizar a seguinte ficha, podes mirar os seguintes vídeos explicativos:




    4. XOGOS RÍTMICOS:

    •  Preme no enlace e realiza os seguintes xogos.

    5. FRAUTA:

    •  Continúa ensaiando as cancións da sesión anterior. Si xa che salen, manda video! Proximamente novas pezas!
    • Na columna da dereita tes bailes para que te movas un pouco e contos musicais  aos que podes acceder en calquera momento. Tamén deixarei aí algún dos videos que me vades mandando. 

    2 comentarios:

    1. Ola mestra me a encantado o xogo. Pero me costa o nivel 3.A miña nai lle gusto moito. E non para de cantar RESISTIREI. Soi Noa

      ResponderEliminar
      Respuestas
      1. Ola Noa!! Outro comentario teu, que beeen!! Carais, o nivel 3 é máis difícil...se estás aí quere dicir que saíches airosa do 1 e o 2, moi ben! Estou moi contenta de que vos estean gustando os xogos e os proxectos e moi agradecida ás vosas familias, que vos axudan e se implican tanto. Un bico grande!

        Eliminar