lunes, 23 de marzo de 2020

Martes 24 de marzo: 1º e 2º curso

SEGUNDA SESIÓN DE TRABALLO

Xa estamos de volta. 
En primeiro lugar, agradecervos o bo traballo que estades a realizar na casa e animarvos a seguir entrando no blog e repasar cos nosos xogos e exercicios. Atrévete a deixar algún comentario!

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.


1. CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.

  •  Aínda que fago correccións individualizadas dos traballos que me van chegando, déixovos aquí a solución dos exercicios da sesión anterior.

2. PROXECTO RESISTIREI


  • Gravo un video cantando a versión karaoke de "Resistirei". 
  • Primeiro vexo todos os videos explicativos. 
  • Despois aprendo a letra e practico. 
  • Finalmente, preparo algo orixinal e gravo.

  • Anima a que participe a túa familia. Os mestres e as mestras tamén participaremos. 

    VERSIÓN KARAOKE
    EXEMPLO DE VIDEO
    ESCOITO E PRACTICO

    LETRA

    3. REPASO FIGURAS MUSICAIS

    •  Nestas fichas repasaremos as negras e as corcheas. 

    4. XOGOS MUSICAIS: discrimino sons

    •  Encontra as parellas de sons. Preme no enlace:


    •  Sons da rúa. Escoita e une:

    •  Sons da casa. Escoita e une:

    •  Sons de animais. Escoita e une:
    •  Sons de instrumentos musicais. Escoita e une:

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario