lunes, 16 de marzo de 2020

Martes 17: 5º e 6º curso

OLA A TODAS E TODOS!!

Benvidas e benvidos ao noso blog!!
Nestes días iremos subindo diferentes actividades de repaso e xogos musicais.
Atoparás audicións e contos musicais na lapela da dereita.
Se isto se che queda curto, podes ir ás entradas doutros cursos e realizar as actividades que che gusten.
Despois, podes deixar un COMENTARIO.
COMEZAMOS!!

1. REPASO O NOME E O SON DAS NOTAS:

Preme no enlace e comeza o xogo. 
Primeiro fai as actividades de  LER, despois as de ESCRIBIR e finalmente as de ESCOITAR.
SE O FIXECHES BEN, PODES AMPLIAR O NÚMERO DE NOTAS!!  
Proba agora con todas as notas da escala!! ÁNIMO!
Se che serve de axuda, podes guiarte por esta imaxe:


2. TRABALLO UNHA NOVA CANCIÓN:

Nesta partitura, terás que colorear cada nota e colocar o seu nome debaixo (se eres capaz de facelo sen escribir as notas, non é necesario que as escribas).
Se xa a tes comezada, podes seguir como a estabas facendo. 
Se ainda non a empezaches colorea segundo este código:

3. COLOCACIÓN DAS NOTAS NA FRAUTA:

Antes de comezar a tocar a canción, repasamos a colocación das diferentes notas na frauta. Fíxate ben na imaxe e no video:

3. PRACTICO "PAXARIÑOS QUE VINDES VOANDO":

Primeiro escoita a canción e canta as notas.
Despois colle a frauta e comeza a practicar.


Xa che sale? ENVÍA UN VIDEO OU UN AUDIO TOCANDO ESTA CANCIÓN.

4. DITADOS MELÓDICOS (DO-SOL):

Escoita cada exemplo e anota nun papel as notas que soan. So poden ser do e sol. Despois comproba o resultado. 

5. RELAXACIÓN:

Escoita o video e realiza o exercicio de respiración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario