lunes, 30 de marzo de 2020

Martes 31 de marzo: 5º e 6º curso

TERCEIRA SESIÓN DE TRABALLO

Xa estamos de volta. 
Dende a materia de música, agradecervos o fantástico traballo que estades realizando!!
Anímovos a seguir entrando no blog e seguir participando nos xogos, videos, proxectos e actividades que vos ofrecemos.

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 
Non pasa nada se non dá tempo a facer todo.
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.

1. CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.

2. APRENDO PUNTOS DA MUIÑEIRA:

Perdonade estes videos de andar pola casa, a calidade e as pintas. Espero que poidades practicar un pouquiño deste baile.

1. Practico os puntos
 
2. Bailo a muiñeira
 
3. Música para ensaiar

3. AUDICIÓN E XOGOS RÍTMICOS:

Escoita a Marcha Turca de Mozart e segue o ritmo coas palmas ou algún instrumento de percusión que ti mesmo crees co que tes na casa. 

Se tes dúbidas de como facer o exercicio, mira primeiro este vídeo.  
 

 XOGOS


Escoita o  ritmo e adiviña cal é o que sona.

  4. O SILENCIOS:

No video seguinte poderás ver como son os silencios de redonda, blanca, negra e corchea. Tamén aparecen as semicorcheas, pero aínda non as traballamos na clase. Nas fichas que aparecen a continuación repasaremos tamén as figuras e os silencios.
 



  5. WOLFGANG AMADEUS MOZART:

Nestes contos poderás saber máis sobre Mozart.


  6. MARIA ANNA MOZART:


No hay comentarios:

Publicar un comentario