lunes, 16 de marzo de 2020

Martes 17 de marzo: 3º e 4º curso

OLA A TODAS E TODOS!!
Benvidas e benvidos ao noso blog!!
Nestes días iremos subindo diferentes actividades de repaso e xogos musicais.
Atoparás audicións e contos musicais na lapela da dereita.
Se isto se che queda curto, podes ir ás entradas doutros cursos e realizar as actividades que che gusten.
Despois, podes deixar un COMENTARIO.
COMEZAMOS!!

1. XOGO DE RECOÑECEMENTO AUDITIVO E VISUAL

Preme no enlace e comeza o xogo. 
Primeiro faino en modo VISUAL e con TRES NOTAS (sol, mi, la). 
Despois si queres podes probar no modo auditivo.  
A ver que tal che sale!!

XOGO NOTAS MUSICAIS

Podes seguir repasando con esta ficha:

2. PRACTICA A ESCALA DE DO NA FRAUTA.

Neste video poderás repasar tocando a escala de Do. 
Ainda que non saibas todas as notas, podes intentar tocalas igualmente. 
RECORDA COLOCAR A MAN ESQUERDA ARRIBA. 
ANTES DE COMEZAR COLOCA BEN AS DÚAS MANS E CONCÉNTRATE EN TER OS DEDOS PLANOS E RELAXADOS.

3. REPASAMOS A CANCIÓN "AS XOANIÑAS"

Primeiro debes marcar na partitura o nome das notas e pintala con cores. 
Despois completaremos o cadro da dereita.
Se xa o tes feito, podes comezar a ensaiar!!
ESCOITA A CANCIÓN MIRANDO A PARTITURA E CANTA AS NOTAS ANTES DE TOCAR A FRAUTA.

4. PRACTICO COA FRAUTA OUTRAS CANCIÓNS:

Preme no enlace e poderás ver as posicións dos dedos na frauta:
Preme neste enlace para APRENDER UNHA CANCIÓN NOVA:

5. CANTA E BAILA

Aprende un cachiño da canción "Musicana" de Bravas. 
Inventa un baile curto e manda un video!!


6. ESCOITO O CONTO MUSICAL SOBRE VIVALDI.

Na lapela da dereita tes varios contos musicais con obras de Vivaldi. "O inverno" e "A primavera". 
Se queres, podes realizar tamén estás dúas fichas sobre este autor que traballamos hai tempo na clase. 


7. RELAXACIÓN: RESPIRA

4 comentarios:

  1. Gracias profe por todo esto y por el juego que gane 255 puntos y 108 puntos en el otro. Noa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Noa!! que alegría ver o teu comentario!! Alégrome que che funcionaran ben os xogos e que fixeras tantísimos puntos, moi ben!! Un bico grande!
      A ver si os teu compañeiros se animan e van comentando por aquí tamén algunha cousiña, así estamos todos en contacto. Unha aperta!

      Eliminar
  2. Hola profe os xogos son moi entretenidos e
    divertidos tamén un pouquitiños difíciles segirei practicando.Carlos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Carlos!! Que guai ver o teu comentario! Así que che están parecendo dificilillos os exercicios? jeje en próximas entregas serei un pouquiño máis boa entón. De todas formas, calquera dúbida que teñas pregúntama sen problema.
      Unha aperta grande!

      Eliminar