Benvidas e benvidos ao noso blog!!
Nestes días iremos subindo algunhas actividades de repaso e xogos musicais.
Atoparás audicións e contos musicais (nas lapelas da dereita).
Se isto se che queda curto, podes ir ás entradas doutros cursos e realizar as actividades que che gusten.
Despois de realizar as actividades podes deixar un COMENTARIO,
COMEZAMOS!!
1. REPASAMOS AS NOTAS SOL, LA E MI.
- Imprimo ou copio as notas nun papel e coloreo o MI de verde, o SOL de vermello e o LA de amarelo.
2. CLAVE DE SOL:
- Repasa con cores as claves de sol. Acórdate de comezar na segunda liña.
3. XOGO MUSICAL:
- Escoito o son da escala musical, pasando o rato por enriba das notas. Clica no enlace:
4. ESCOITO, CANTO E BAILO:
- Escoita e canta a canción da Banda Pica Pica, de Bravas. Podes inventar un baile!!
5. RELAXACIÓN:
- Déitome no chan boca arriba, pernas estiradas e mans encima da barriga. Escoito a música e déixome guiar. Preme no enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario