Ola a todos e todas!
Xa está aquí o mes de maio!!
Dende as especialidades de Arts, Educación Física e Música propoñémosvos esta semana unhas actividades comúns para celebrar esta festa tradicional galega, que é sen dúbida a festa grande do noso cole.
1. MIRA ESTE VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A FESTA DOS MAIOS:
2. ESCOITA E PRACTICA A CANCIÓN DO MAIO
3. "O GARUTIÑO"
Esta é unha actividade común para as materias de Música e Educación Física.
PREME NO ENLACE E ATOPARÁS TODA A INFORMACIÓN:
Como xa viches, trátase dun xogo no que cando sona a música hai que bailar e cando para, tes que quedar como unha estatua (na posición que indica cada un dos RETOS).
PARA A PARTE BAILADA...QUE PODES FACER??
Aquí che deixo algunhas propostas para bailar :
- Dar 4 pasos para adiante e 4 para atrás dando palmas, así sucesivamente.
- Facer unha roda coa familia e xirar cara un lado e cara outro.
- Moverse pola habitación camiñando ao ritmo da música, podes buscar obxectos da túa casa que fagan sons e acompañar o ritmo.
- Combinar calquera destas opcións con outras que a ti se che ocorran.
DESPOIS DE PRACTICAR, PON O VÍDEO COA MÚSICA E GRÁVATE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario