Xa estamos de volta. Hoxe afondamos un pouquiño na música tradicioal galega. Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade.
Non pasa nada se non dá tempo a facer todo ou algunhas cousas non che salen á primeira.
Cada un pode escoller as actividades que máis se adapten aos seus intereses.
1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.
2. TAREFAS ESCRITAS:
Estas son as tarefas escritas da semana. Vades precisar os videos explicativos que aparecen máis abaixo para realizalas.
3. INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS:
Antes de comezar, mira este VÍDEO EXPLICATIVO:
Agora podes realizar os EXERCICIOS AUDITIVOS:
4. APRENDO O XOGO "DEDÍN, DEDÍN":
Primeiro mírao, despois le a letra da ficha e finalmente repíteo moitas veces ata que che saia sen equivocarte. Podes ensinarllo a alguén da túa casa para practicar.
5. APRENDO A CANTIGA POPULAR "COLLÍN, COLLÍN":
Escóitaa varias veces, le a letra para comprender o que di e vai cantando pouquiño a pouco. Canto máis a escoites máis fácil é aprendela.
6. ESCOITA ESTAS CANCIÓNS:
Escoia co atención a historia que contan estas cancións. Podes aprendelas e bailalas!!