Xa estamos de volta.
Despois destas vacacións tan raras, volvemos á aula de música con novas activdades!
Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade.
Non pasa nada se non dá tempo a facer todo.
Debemos ser curiosos na realización dos traballos e facelos o máis completos e mellor posible.
1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.
2. TAREFAS ESCRITAS:
Estas son as tarefas escritas da semana. Vades precisar os videos explicativos que aparecen máis abaixo para realizalas.Non pasa nada se non as facedes todas.
3. OS INSTRUMENTOS MUSICAIS:
Hai 3 grandes familias de instrumentos. Ve os vídeos e recoñece algúns instrumentos. OLLO! non están todos.
CORDA
VENTO
PERCUSIÓN
4. XOGOS DE REPASO: O NOME DOS INSTRUMENTOS.
Preme no enlace e xoga ao memory dos instrumentos:
5. XOGOS AUDITIVOS:
AUDICIÓN 1
Preme no enlace e xoga a diferencia o son dos instrumentos musicais.
Arrastra o rato por enriba deles.
Preme no enlace e xoga a diferencia o son dos instrumentos musicais.
Arrastra o rato por enriba deles.
O MERCADO
Preme no enlace e xoga. Para comezar terás que poñer o teu nome.
Pode ser que che pida activar o adobe flash.
ESCOITA E PULSA SOBRE O INSTRUMENTO
Preme no enlace e xoga. Para comezar terás que poñer o teu nome.
Pode ser que che pida activar o adobe flash.
ESCOITA E ESCRIBE O NOME DO INSTRUMENTO

Escoita e adiviña o instrumento.
6. O JAZZ:
O jazz é un estilo musical que naceu en Estados Unidos e que mestura a música que se facía alí coa música africana dos homes e mulleres negras.
Imos ver un cachiño da película "Los Aristogatos" onde aparece unha canción deste estilo que xa vimos na clase, o "Gato Jazz".
Hai moitos fragmentos de películas nas que sona música jazz.
Déixoche aquí algúns exemplos:
XOGO DE RÍTMO CON MÚSICA JAZZ
7. NINA SIMONE E LOUIS ARMSTRONG, DÚAS ESTRELAS DO JAZZ:
Nina Simone "Ain't got no. I got life" e "Feeling good".
Escoito as cancións de Nina Simone e Louis Armstrong, escollo unha e fago un debuxo sobre o que me fai sentir.
Louis Armstrong "What a wonderful world"
Esta peza traballástela en inglés, música e educación física. Acórdaste? Mira vídeo do Día da Paz. Está na lapela dereita do blog.
Esta peza traballástela en inglés, música e educación física. Acórdaste? Mira vídeo do Día da Paz. Está na lapela dereita do blog.
ADIVIÑA, ADIVIÑA
Esta é unha versión jazz dunha canción moi coñecida. Sabes cal é?
No hay comentarios:
Publicar un comentario