jueves, 30 de abril de 2020

Venres 1 de maio: 5º e 6º curso

SEXTA SESIÓN DE TRABALLO


Esta semana atoparemos as seguintes tarefas:

1. Retos de percusión corporal.

2. Arte e música. 

3. Seguir repasando a canción de frauta "Paxariños que vides voando".


1. REVISO O TRABALLO REALIZADO:


AS TAREFAS DESTA SEMANA SERÁN: 

2. RETOS DE PERCUSIÓN CORPORAL:

 A continuación tes os vídeos dos retos de percusión corporal:
1º NIVEL
 

2º NIVEL 

3. MÚSICA E ARTE. EXPRESO EMOCIÓNS:

 Escoita as pezas musicais que tes máis abaixo, elixe unha e crea a túa obra expresnando nela as emocións que che transmite.

PEZA 1 (Reverie - Debussy)

PEZA 2 (Banda sonora Forrest Gump)
 

PEZA 3 (Toccata e Fuga en Rem - J. S. Bach)
 

PEZA 4 (Havester of Sorrow - Metallica)
 

PEZA 5 (Tritsch-Tratsch-Polka - J. Strauss)

Venres 1 de maio: 3º e 4º curso

  SEXTA SESIÓN DE TRABALLO

Benvidos!!
Esta semana centrarémonos no proxecto "Enreguéifate".

A continuación atoparás o material necesario para que paso a paso logres compoñer a túa regueifa. 




1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.



2. PROXECTO ENREGUÉIFATE:


3. QUE É UNHA REGUEIFA?:
  • Unha regueifa pode ser un bolo de pan: 

  • Unha regueifa pode ser un baile (preme neste enlace para velo)
REGUEIFA BAILADA

  • Unha regueifa pode ser un diálogo cantado e improvisado. 


NÓS IMOS FACER UNHA REGUEIFA CANTADA!!


4. A MÚSICA DAS REGUEIFAS

Hai diferentes melodías para facer unha regueifa (aquí só veremos tres tipos).

1. MELODÍAS ANTIGAS:
Son melodías tradicionais que se empregan para regueifar en determinadas zonas de Galicia. 
Esta é da zona de Ponteceso e Bergantiños.
Neste vídeo aparecen Suso e Fermín regueifando.
 

2. MELODÍAS MODERNAS:
Parten de cancións populares. Teñen un estribillo.

Aquí están algunhas rapazas regueifando no Luar

5. NÓS REGUEIFAREMOS COA CANCIÓN "A SAIA DA CAROLINA":

A semana pasada xa a aprendimos, pero imos repasala antes de comezar a nosa regueifa. 

6. FAGO AS MIÑAS ESTROFAS:

Despois de traballar en lingua galega a poesía
imos ver como podemos inventar unha copla que cadre coa música.

NESTE VÍDEO ESTÁ EXPLICADO.

APRENDO O RETROUSO COMÚN
No apartado 8 (máis abaixo) tes un vídeo onde se canta este retrouso.

7. EXEMPLO DE NENOS REGUEIFANDO:

Aquí tes algunhas das regueifas gañadoras o ano pasado.


8. PRACTICO E GRAVO:

Antes de gravar escoita este vídeo para ter unha referencia do tono e o ritmo. Esta é un exemplo, coa miña estrofa e o retrouso común.


Agora xa podes gravarte!! Disfrázate, dramatiza a túa estrofa, o que queiras!!

9. FICHAS ENVÍADAS NOS PDF (por se alguén as precisa):

Venres 1 de maio: 1º e 2º curso

SEXTA SESIÓN DE TRABALLO


Esta semana atoparemos as seguintes tarefas:

1. Retos de percusión corporal.

2. Adiviña os animais.

3. Arte e música.

Non pasa nada se non dá tempo a facer todo ou algunhas actividades non che saen á primeira.

1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES:

(Estaban corrixidas no propio exercicio de discriminación auditiva).

2. TAREFAS DA SEMANA:

Estas son as tarefas da semana. Ides precisar os vídeos explicativos que aparecen máis abaixo para realizalas. 

3. RETOS DE PERCUSIÓN CORPORAL:

Mira o vídeo e realiza o ritmo con percusión corporal (palmas, pernas, pés...).
NIVEL 1

Mira o vídeo e realiza o ritmo con percusión corporal.
 NIVEL 2:



4. ADIVIÑA OS ANIMAIS:

Escoita estes fragmentos e adiviña que animal está describindo a música. Completa a ficha.
 Escoita o vídeo para realizar o exercicio: 

Aquí atoparás a obra completa "O carnaval dos animais" de Camille Saint-Saëns por se a queres escoitar con máis calma.

 5. ARTE E MÚSICA:

A pintura e a música serven para transmitir sentimentos e emocións. 

Cando escoitamos unha canción ou miramos un cadro, sentimos o que o artista nos quixo transmitir: amor, tristeza, medo, calma, alegría...

Escoita estas pezas, elixe unha e expresa a través da pintura a emoción e os sentimentos que che transmite esa música.
 MÚSICA 1

MÚSICA 2

MÚSICA 3

MÚSICA 4

MÚSICA 5

martes, 28 de abril de 2020

Venres 24 abril: 1º e 2º curso

  QUINTA SESIÓN DE TRABALLO


Xa estamos de volta. 
Hoxe afondamos un pouquiño na música tradicioal galega.

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 

Non pasa nada se non dá tempo a facer todo ou algunhas cousas non che salen á primeira.

Cada un pode escoller as actividades que máis se adapten aos seus intereses.

1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.



2. TAREFAS ESCRITAS:

Estas son as tarefas escritas da semana. Vades precisar os videos explicativos que aparecen máis abaixo para realizalas. 



3. INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS:

Antes de comezar, mira este VÍDEO EXPLICATIVO:

 Agora podes realizar os EXERCICIOS AUDITIVOS: 

4. APRENDO O XOGO "DEDÍN, DEDÍN":

Primeiro mírao, despois le a letra da ficha e finalmente repíteo moitas veces ata que che saia sen equivocarte. Podes ensinarllo a alguén da túa casa para practicar.

5. APRENDO A CANTIGA POPULAR "COLLÍN, COLLÍN":

Escóitaa varias veces, le a letra para comprender o que di e vai cantando pouquiño a pouco. Canto máis a escoites máis fácil é aprendela. 


6. ESCOITA ESTAS CANCIÓNS:

Escoia co atención a historia que contan estas cancións.
Podes aprendelas e bailalas!!

jueves, 23 de abril de 2020

Venres 24 de abril: 5º e 6º curso.

QUINTA SESIÓN DE TRABALLO


Xa estamos de volta. 
Hoxe afondamos un pouquiño na música tradicioal galega.

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 

Non pasa nada se non dá tempo a facer todo ou algunhas cousas non che salen á primeira.

Cada un pode escoller as actividades que máis se adapten aos seus intereses.

1. FICHAS ESCRITAS





 

2. INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS:

Antes de comezar, mira este VÍDEO EXPLICATIVO:

 Neste vídeo podes ver outros instrumentos tradicionais:

Cantareiras con pandeireta

Peza con cuarteto tradicional

Peza de gaita e acordeón

Peza de zanfona


3. PRACTICO COA FRAUTA:



Venres 24 de abril: 3ª e 4º curso

QUINTA SESIÓN DE TRABALLO


Xa estamos de volta. 
Hoxe afondamos un pouquiño na música tradicioal galega.

Recordade que o que máis importa é a calidade, non a cantidade. 

Non pasa nada se non dá tempo a facer todo ou algunhas cousas non che salen á primeira.

Cada un pode escoller as actividades que máis se adapten aos seus intereses.

1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.

2. TAREFAS ESCRITAS:

Estas son as tarefas escritas da semana. Vades precisar os videos explicativos que aparecen máis abaixo para realizalas. 

3. INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS:

Antes de comezar, mira este VÍDEO EXPLICATIVO:

 Neste vídeo podes ver outros instrumentos tradicionais:

Cantareiras con pandeiretas

Peza con cuarteto tradicional:

Peza de gaita e acordeón

Peza de zanfona


4. APRENDO A CANCIÓN "A saia da Carolina":



5. MIÑA NAI MIÑA NAICIÑA (ritmo con vasos):

Nos videos poderás aprender o ritmo cos vasos e a canción. Terás que velos moitas veces!
E tes dúbidas ou queres que che mande máis vídeos para practicar, solo tes quqe mandar un correo!


Un pouquiño máis rápido

 Practico a canción 

Practico a canción co ritmo dos vasos