jueves, 11 de junio de 2020

Venres 12 de xuño: VACACIÓNS DE VERÁN!!

Ola a todas e todos!! 
Esta é a última entrega deste curso. Atoparedes varios vídeos con xogos e cancións. Podedes facer os que queirades e incluso repasar os contos musicais, coreografías ou xogos de entradas anteriores. 
A continuación atoparedes unha autoavaliación para que cubrades e así podamos mellorar para o curso que vén.
Despois delas atoparedes os xogos.
Unha aperta grande!!
Espero que pasedes unhas estupendas vacacións de verán!!

MENSAXE DA PROFE E FICHA DE AVALIACIÓN

XOGO DE PERCUSIÓN CORPORAL
"BIM BUM" 

XOGO DE PERCUSIÓN CORPORAL
"SOCO, BATE, VIRA"

XOGO DE PERCUSIÓN CON BOLIS
"I WANT TO BREAK FREE"

XOGO DE PERCUSIÓN CORPORAL
"SMOKE ON THE WATER"

XOGO DE PERCUSIÓN CORPORAL
"LA MÁQUINA DE ESCRIBIR"


viernes, 5 de junio de 2020

Venres 5 de xuño: TODOS OS CURSOS

Ola a todos e todas! Xa estamos rematando o curso e é momento de reflexionar e pensar nos bos momentos que pasamos no cole. Ademais compartiremos a nosa recomendación musical para este verán.

A continuación verás as tarefas desta semana e as diferentes fichas organizadas por cursos. Busca o teu curso máis abaixo e comeza!!

PRIMEIRO E SEGUNDO CURSO



TERCEIRO E CUARTO CURSO




QUINTO E SEXTO CURSO

jueves, 28 de mayo de 2020

Venres 29 de maio: 5º e 6º curso

MÚSICA NO CINE: A VOZ


Seguimos coa música e o cine, pero desta vez poñemos especial atención na voz. 

Veremos un vídeo explicativo sobre a voz e a súa clasificación.

Realizaremos uns exercicios auditivos e relacionaremos os fragmentos escoitados coas películas correspondentes.

1. VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A VOZ.


2. FÍCHAS DA SEMANA:

EXERCICIO AUDITIVO 1
EXERCICIO AUDITIVO 2

3. LOS CHICOS DEL CORO:

Podes ver a película "Los chicos del Coro" acompañado/a dun adulto.
Neste enlace atoparás a película completa. 

4. MÁIS XOGOS SOBRE A VOZ:

Preme nos seguintes enlaces para realizar máis actividades.

Venres 29 de maio: 3º e 4º curso

  MÚSICA NO CINE: A VOZ


Seguimos coa música e o cine, pero desta vez poñemos especial atención na voz. 

Veremos un vídeo explicativo sobre a voz e a súa clasificación.

Realizaremos uns exercicios auditivos e relacionaremos os fragmentos escoitados coas películas correspondentes. 


1. VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A VOZ.


2. FÍCHAS DA SEMANA:

EXERCICIO AUDITIVO 1
EXERCICIO AUDITIVO 2

3. LOS CHICOS DEL CORO:

Podes ver a película "Los chicos del Coro" acompañado/a dun adulto.
Neste enlace atoparás a película completa. 

4. MÁIS XOGOS SOBRE A VOZ:

Preme nos seguintes enlaces para realizar máis actividades.

Venres 29 de maio: 1º e 2º curso

MÚSICA NO CINE: A VOZ


Seguimos coa música e o cine, pero desta vez poñemos especial atención na voz. 

Veremos un vídeo explicativo sobre a voz e a súa clasificación.

Realizaremos uns exercicios auditivos e relacionaremos os fragmentos escoitados coas películas correspondentes.


1. VÍDEO EXPLICATIVO DA VOZ:

2. FICHAS TAREFA SEMANAL: 

Exercicio auditivo 1

3. VÍDEOS E XOGOS SOBRE A VOZ:


jueves, 21 de mayo de 2020

Venres 22 de maio: 2º, 3º, 4º, 5º e 6º curso. Música e cine "O rei león"

Ola a todos e todas!

Hoxe toca música e cine!!

"O rei león"


Exercicio 1: Acompaña ritmicamente a canción "Yo voy a ser rey león" con obxectos cotiáns e de reciclaxe:

Prepara os teus "instrumentos" pon o vídeo e sigue o exemplo:
Tamén podes realizar a mesma canción con percusión corporal:

Exercicio 3. Aprende un cachiño da canción "Hakuna Matata" 

No vídeo que atoparás despois da ficha, poderás ler e practicar a canción:




Exercicio 4. Aprende algúns pasos desta danza africana:

No vídeo que atoparás despois da ficha, poderás practicar pasos desta danza da zona oeste de África:

Actividades de ampliación:

Se quedaches con ganas de máis, podes facer algunha destas actividades:

- Aprende este arrolo africano "Olele":


- Hakuna Matata para tocar coa frauta:  
(dificultade media)

Venres 22 de maio 1º CURSO: Música e cine "O rei león"

Ola a todos e todas!

Hoxe toca música e cine!! Continúa a aventura!!

O REI LEÓN

Exercicio 1: Fai coma Santi e acompaña ritmicamente a canción "Yo voy a ser rey león" con obxectos cotiáns e de reciclaxe:

Prepara os teus "instrumentos" pon o vídeo e sigue o exemplo:
Tamén podes realizar a mesma canción con percusión corporal:

Exercicio 3. Aprende un cachiño da canción "Hakuna Matata"

Con este vídeo poderás ler e cantar a canción:

Exercicio 4: Aprende algúns pasos desta danza africana:

Neste vídeo poderás ver e practicar pasos dunha danza tradicional da zona oeste de África.

MOI BEN POR CHEGAR ATA AQUÍ!! 

Sigue adiante!!


jueves, 14 de mayo de 2020

Venres 15 de maio: As pitas baixo a choiva.

Ola a todos e todas!

 

 

 Dende música, celebramos á nosa maneira o día das letras galegas!! 

 

 

1. ESCOITA E COMPLETA A CANCIÓN "Alborada das pitas":


 

 

 

2.CONSTRÚE UN INSTRUMENTO DE CORDA FRETADA:



3. ACOMPAÑA CO TEU INSTRUMENTO A CANCIÓN: 




4. REPASO FIGURAS MUSICAIS COÑECIDAS:

jueves, 7 de mayo de 2020

Venres 8 de maio: O MAIO!!

Ola a todos e todas!

  Xa está aquí o mes de maio!! 

Dende as especialidades de Arts, Educación Física e Música propoñémosvos esta semana unhas actividades comúns para celebrar esta festa tradicional galega, que é sen dúbida a festa grande do noso cole.

 

1. MIRA ESTE VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A FESTA DOS MAIOS:


2. ESCOITA E PRACTICA A CANCIÓN DO MAIO

3. "O GARUTIÑO"  

Esta é unha actividade común para as materias de Música e Educación Física.
PREME NO ENLACE E ATOPARÁS TODA A INFORMACIÓN:

 
Como xa viches, trátase dun xogo no que cando sona a música hai que bailar e cando para, tes que quedar como unha estatua (na posición que indica cada un dos RETOS).


PARA A PARTE BAILADA...QUE PODES FACER??
Aquí che deixo algunhas propostas para bailar :
  • Dar 4 pasos para adiante e 4 para atrás dando palmas, así sucesivamente. 
  • Facer unha roda coa familia e xirar cara un lado e cara outro. 
  • Moverse pola habitación camiñando ao ritmo da música, podes buscar obxectos da túa casa que fagan sons e acompañar o ritmo.
  •  Combinar calquera destas opcións con outras que a ti se che ocorran.
DESPOIS DE PRACTICAR, PON O VÍDEO COA MÚSICA E GRÁVATE!!

jueves, 30 de abril de 2020

Venres 1 de maio: 5º e 6º curso

SEXTA SESIÓN DE TRABALLO


Esta semana atoparemos as seguintes tarefas:

1. Retos de percusión corporal.

2. Arte e música. 

3. Seguir repasando a canción de frauta "Paxariños que vides voando".


1. REVISO O TRABALLO REALIZADO:


AS TAREFAS DESTA SEMANA SERÁN: 

2. RETOS DE PERCUSIÓN CORPORAL:

 A continuación tes os vídeos dos retos de percusión corporal:
1º NIVEL
 

2º NIVEL 

3. MÚSICA E ARTE. EXPRESO EMOCIÓNS:

 Escoita as pezas musicais que tes máis abaixo, elixe unha e crea a túa obra expresnando nela as emocións que che transmite.

PEZA 1 (Reverie - Debussy)

PEZA 2 (Banda sonora Forrest Gump)
 

PEZA 3 (Toccata e Fuga en Rem - J. S. Bach)
 

PEZA 4 (Havester of Sorrow - Metallica)
 

PEZA 5 (Tritsch-Tratsch-Polka - J. Strauss)

Venres 1 de maio: 3º e 4º curso

  SEXTA SESIÓN DE TRABALLO

Benvidos!!
Esta semana centrarémonos no proxecto "Enreguéifate".

A continuación atoparás o material necesario para que paso a paso logres compoñer a túa regueifa. 




1.CORRECCIÓN DAS FICHAS ANTERIORES.



2. PROXECTO ENREGUÉIFATE:


3. QUE É UNHA REGUEIFA?:
  • Unha regueifa pode ser un bolo de pan: 

  • Unha regueifa pode ser un baile (preme neste enlace para velo)
REGUEIFA BAILADA

  • Unha regueifa pode ser un diálogo cantado e improvisado. 


NÓS IMOS FACER UNHA REGUEIFA CANTADA!!


4. A MÚSICA DAS REGUEIFAS

Hai diferentes melodías para facer unha regueifa (aquí só veremos tres tipos).

1. MELODÍAS ANTIGAS:
Son melodías tradicionais que se empregan para regueifar en determinadas zonas de Galicia. 
Esta é da zona de Ponteceso e Bergantiños.
Neste vídeo aparecen Suso e Fermín regueifando.
 

2. MELODÍAS MODERNAS:
Parten de cancións populares. Teñen un estribillo.

Aquí están algunhas rapazas regueifando no Luar

5. NÓS REGUEIFAREMOS COA CANCIÓN "A SAIA DA CAROLINA":

A semana pasada xa a aprendimos, pero imos repasala antes de comezar a nosa regueifa. 

6. FAGO AS MIÑAS ESTROFAS:

Despois de traballar en lingua galega a poesía
imos ver como podemos inventar unha copla que cadre coa música.

NESTE VÍDEO ESTÁ EXPLICADO.

APRENDO O RETROUSO COMÚN
No apartado 8 (máis abaixo) tes un vídeo onde se canta este retrouso.

7. EXEMPLO DE NENOS REGUEIFANDO:

Aquí tes algunhas das regueifas gañadoras o ano pasado.


8. PRACTICO E GRAVO:

Antes de gravar escoita este vídeo para ter unha referencia do tono e o ritmo. Esta é un exemplo, coa miña estrofa e o retrouso común.


Agora xa podes gravarte!! Disfrázate, dramatiza a túa estrofa, o que queiras!!

9. FICHAS ENVÍADAS NOS PDF (por se alguén as precisa):